Vilaxuste é unha parroquia do concello de Portomarín, arciprestado de Paradela- Portomarín, provincia e diocese de Lugo. Conta con 128 habitantes repartidos entre as entidades de poboación da Carballeira,Os Casás, Domez,A Eirexe,A Escrita,A Forcela, Gai, O Mazo,Pedrouzos, O Penelo, Samocela, Val de Porrás e O Vilar.Dista 10,3 quilómetros da capital municipal.
